02 Abr Máis feliz
Martín Maez é un cantautor galego que conta con máis de 70 concertos en directo e un traballo de estudio “Secretos perdidos”, un disco producido polo ex guitarrista e fundador de “La Quinta estación” Paul DeVille que serviu de inicio a súa carreira musical como compositor e intérprete.
As músicas frescas, con ritmos pegadizos e letras traballadas dese primeiro disco, soaron en medios como Los 40 principales, Onda Cero, Cadena Ser, Radio Nacional ou Radio Galega.
Agora volve, con novos sons e novas cancións en galego, amosando que a nosa lingua tamén se pode achegar aos ritmos máis actuais.
Para esta nova xira de concertos únense a Martín Maez dous músicos multeinstrumentistas que dan unha nova dimensión aos seus concertos:
Myriam Cortizo á percusión e Cristian Navarro á guitarra e piano.