27 Feb Lei de regresión
“Berrar con música as inxustizas que nos rodean”. Este é o lema musical do grupo melidense Cuarta Xusta.
Aida (cantante), Marta (guitarra e violín), Alba (baixo), Lúa (batería) e Alberte (guitarra) forman este grupo que iniciou a súa actividade en 2016 versionando temas de diferentes artistas do panorama galego.
Foi no Festival Presume de Galego, nese mesmo ano, cando subiron por primeira vez a un escenario. A partires de entón, Cuarta Xusta comezou a traballar na elaboración de temas propios, sempre escritos en galego, que teñen como base as inquedanzas que afectan á sociedade actual.
Todo este labor vese reflexado no seu primeiro traballo discográfico “Un novo espertar” que xusto acaban de sacar ao mercado. Está composto por oito temas de contido social e reivindicativo no que colaboran coñecidos artistas da escena musical galega como Vituco Neira e Miguel Duarte de Ruxe-Ruxe, Bocixa de Zenzar, Javi Maneiro de Herdeiros da Crus ou Jasper de Nao.