27 Mar Algodón de sucre
PITO DE PIKASSO están de volta con novo disco despois de catro anos de silencio.
Algodon de Sucre é a historia de Xan… Unha historia de amor e como moitas das historias de amor, é intensa, mais breve… o amor é doce e agradábel, sobre todo para quen o vive. Desde fóra, normalmente é máis ben “empalagoso”.
“Empalagoso” e breve, como ese “Algodón de sucre” que mercamos o día da festa ca paga do avó e que remata pisado no chan no final da noite, porque non hai quen que o de rematado.
Como sairá Xan de todo isto ?¿?
Dende 2004 Pito de Pikasso levando o seu Pun-ró delirante por todolos puntos da xeografía galega, consolidando o largo destes anos un directo divertido e potente que a ninguén deixa indiferente.
Durante estes anos publicarón 1 EP e 4 LPs co que construíron un estilo propio persoal e identificable.
En 2017 estrean o seu novo traballo “Algodón de Sucre”. Un disco conceptual no que acompañaremos a Xan un home sen oficio nin beneficio no que unha casualidade pode facer que a sua vida cambie para mellor… ou non.
Gravado no Laboratorio Soyuz con Hevi (Fluzo, Malandrómeda) nos mandos e a produción, “Algodon de Sucre” presentanos a historia de Xan o largo dos 10 temas nos que conflúen unha variedade de estilos dende o rock ata o pasodoble todo baixo o prisma de Pito de Pikasso.