O alumnado de Educación Infantil do CEIP Manuel Luís Acuña gaña o concurso de Banda Deseñada

O alumnado de Educación Infantil do CEIP Manuel Luís Acuña gaña o concurso de Banda Deseñada

Os Manoliños do CEIP Manuel Luís Acuña son os gañadores do concurso co seu traballo titulado Brais polo mundo. O xurado, composto por Miguel Anxo Carvalho e Xico Paradelo, propuxo este grupo de nenas e nenos de tres e catro anos como gañador pola súa orixinalidade e calidade técnica no uso da cor. 

O alumnado terá como premio unha saída á provincia de Pontevedra, onde visitarán pola mañá o Parque arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro para despois achegarse pola tarde ao Museo de Pontevedra e gozar neste espazo dun espectáculo con monicreques.

Moitos parabéns aos gañadores!

Desde a organización do Correlingua queremos agradecerlle a todo alumnado e profesorado participante as boísimas e diferentes propostas que nos fixeron chegar. Agardámosvos para o ano!