Amodiño

Amodiño

Luis Vallecillo González, poeta, titiriteiro, compositor e músico, así como animador sociocultural e socio fundador da Compañía “A Xanela do Maxín”, comeza no 2011 a sua andaina en solitario con “Cantamos un Conto?” e no 2016 inicia un novo proxecto coa Banda do Cuberto: “O Bigote de Mimí”.

Na compañía que dirixe xunto con Celtia Figueiras, “A Xanela do Maxín”, é autor e produtor de catro pezas para Títeres “Na Busca da Arte”, “A Caixa de Nuk”, “O Murmurio do Mar” e “Só Lles Falta Falar”, así como coautor e produtor doutras tres “Chincha Rabincha”, “A Pequena Lúa” e “O Rei Destronado”, participando coas mesmas nos distintos circuitos profesionais de Galicia.

Por outra banda produciu á vez que distribúe e interpreta os contacontos con monicreques “Os Libros do Titiritero” e “Titeremusicontos”, sendo neste último o compositor e intérprete da música que se representa en directo, ó igual que en “O Murmurio do Mar”.