28 Mar Paredes de Coira
No 2011 catro músicos do exército músico-galego que formaban parte de varios comandos (Ruxe-Ruxe, Medomedá, Drinkin Tinto, Anfibia, Icewind, musical Galicia Canibal…) foron coincidir nunha jam multitudinaria acontecida na carballeira de Francos (Teo)… non tardaron en decatarse de que lles apetecía ter un proxecto en común, que se formalizou ao ano seguinte (coa inclusión de un quinto elemento) mentres sobrevivían como músicos de fortuna. Agora se atopan presentando “Triloxía”, o seu primeiro EP, cunha xira que os está a levar por todo o País.
Despois de un par de anos reuníndose en Coira para facer churrascadas, decidiron que o de tocar tamén estaba ben e comezaron a xirar por Galicia, facendo unha presentación en sociedade na sala Sonar de Compostela. Despois foron a Catoira, Illa de Arousa, Sarria, Burela, A Estrada, Lugo, Vigo, Melide, Cangas, Porto e Lisboa… e o que veña!!!!!