O meu amigo Willy Fog

O meu amigo Willy Fog

A música de Samuel Leví é viaxeira. Capta o mellor dos mundos que visita. Mundos mentais pero tamén físicos. É como Willy Fog, aínda que con guitarra. A Habana, Buenos Aires, Roma… todos son excelentes lugares para saber que mañá sairá o sol outra vez. Que se poden engadir experiencias e coñecementos ao zurrón da vida. Que a aprendizaxe ten os seus resultados, como ocorre na última de Bertolucci. Nesta canción concéntrase todo eses coñecementos adquiridos como cantante por este vigués de toda partes. A súa forma de cantar engrandecese excesivamente. É clara, emotiva e xuguetona. Domínao todo. E iso que o envoltorio está á altura das expectativas. Samuel Levi soubo rodearse para esta empresa con flores e natas que cadran notas con corazón pero tamén con matemáticas. O test de Rorschach, segundo Samuel, máis que unha análise de manchas de tinta é unha proba de swing, onde a orquestra voa sobre a voz. Que gran traballo. Que ganas de oílo en directo. Filias e fobias quixo titulalo, pero eu reduciríao ás filias que logrou concentrar nestas historias de longo percorrido. (Jorge Lamas, Xornalista en La Voz de Galicia)