“Finisterre”

“Finisterre”

Bocinazo somos 7 rapaces conducidos pola mala vida para converternos en estrelas do Rock and Roll. Gañadores da pasada edición e encantados coa experiencia do Cantalingua, esperamos repetir este ano. O tema escollido desta vez e un dos incluídos no noso disco Rural Rock, e leva o nome de “Finisterre”, unha canción apoteósica que reivindica  a importancia do camiño de Fisterra. Estamos a traballar en novos temas e, sobre todo, preparando moitas sorpresas para o directo. A beleza do imperfecto, a grandeza sobre o escenario e unha alta dose de ironía son algunhas das liñas que tratamos de seguir na nosa traxectoria. Forza ao Cantalingua e moito Rural rock.