Faísca

Faísca

EIRA somos un conxunto formado por dous estudantes da cidade de Compostela, coas únicas aspiracións de divertirnos e crear nova música en galego. Somos un grupo acústico con estilo indefinido, aínda que nos decantamos por influenzas reggae, latinas e punk. As nosas letras son poéticas cunhas pinceladas abstractas e esotéricas. O tema que presentamos chámase FAÍSCA, unha das nosas primeiras composicións e coa que nos sentimos máis identificados.