Depende de min

Depende de min

No CEIP Antonio Pedrosa Latas (Celeiro-Viveiro LUGO) gústanos moito cantar para animar todo tipo de celebracións escolares. Este ano animámonos a presentar a canción que compuxemos para as Letras Galegas.

A Letra é do mestre Vicente Míguez Salgueiro e a idea musical da mestra Marta Pérez Lage. A creación musical e instrumentación, interpretación e gravación é autoría de Pedro A. Rodríguez Pérez, un rapaz de 22 anos, exalumno do noso colexio, e que estudiou a carreira de música en varios instrumentos. Na actualidade segue estudando pero xa exerce como profesor nunha escola de música; forma parte dun grupo musical e tamén lle gusta compoñer todo tipo de música.

A canción vai adicada a Manuel María.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros