01 Mar Camiñando entre serpes
Somos ZENZAR, banda decana do rock en galego con mais de 25 anos de actividade ininterrompida. Dez grabacións de estudio entre discos e maketas adornan a traxectoria do grupo sempre fiel ao rock e sempre en galego, o último titúlase “Camiñando entre serpes” 2015. No directo fanse acompañar por dous colaboradores habituais: Xosé M. Ares á gaita e Xenderal á voz.