03 Mar Slowly, amigha!
Sacha na horta leva case 10 anos espallando pola escena musical galega a semente do seu estilo propio, que demos en chamar “agropunkchanga”, no que as voces das catro mulleres á fronte atopan toda a forza, a urxencia e a liberdade para se expresar e falar do mundo que ven mais tamén do que desexan. Isto cosido co fío da retranca e presentado sobre a base do son firme e contundente dunha banda que busca a festa e a xolda máis revolucionarias. No verán de 2014 sae o terceiro disco da banda, Hortarevolution,que dá tamén nome ao espectáculo con que Sacha na horta, ben a ritmo de punk ou reggae, ska ou fusion; sexa no escenario dun festival ou dalgunha verbena, súan a bata nos seus directos, sen darlle acougo ao lombo e ao músculo da rebeldía.