Soidade no meu lar

Soidade no meu lar

Moi boaas xentiñaa !

Nos somos unha pequena banda de rapaces  e non tan rapaces que representamos á nosa terriña, a terra de Lemos. Dispostos a facer un pouquiño de ruido e troula popular montamos este pequeno grupo hai un tempo co fin de divertirnos, e o mais importante ; divertir a toda a xente que desfrute da nosa  música e da nosa lingua .
En vista do ben que o pasamos o ano pasado musicando o manifesto polo galego gañador do 2013 promovido polo Correlingua baixo o lema ”O Galego, chave do mundo” , decidimos montar este rollo que define á Galiza mais grande de todas, xa que de vez en cando, todos precisamos un toque de rock na nosa vida, queremos amosarvos como soa a Galiza rockeira  presentando estes versos acompañados polo estilo que nos define.

LETRA :

Asubía o vento
Berra o mar
E a mensaxe dunha terra que xa non pode esperar
Asubía o vento
Cando berra o mar.
O fogar de Breogán quixeron arrebatar
Os romanos non puideron con un pobo sedento
Con un pobo sedento
Sedento de libertad.
Os bos e xenerosos
A nósa voz entenden
Os desgraciados
Non entenden non
O noso ronco son
Esta lingua de nación.
Rosalía Rosalía
Entrame soidade só de pensar
Onde vai miña terriña, onde vai o meu lar.
Cando cheguen os tempos non chegados
Cando canten as mans traballadoras
Veremos a Galicia sen cadeas
A Galicia soñadora.
Ollaremos unha terra
Dura de traballar
Ollaremos a semente
Pouco a pouco medrar
Miramos a Bandeira
Bandeira de Galicia.
Rosalía Rosalía
Entrame soidade só de pensar
Onde vai miña terriña, onde vai o meu lar.