Pontragha

Pontragha

Samarúas somos un grupo de rapaces que queremos facer desfrutar co que máis nos gusta, a música. O noso nome procede da “Gabanza dos canteiros”, un dos poemas do “Longa noite de pedra” de Celso Emilio, onde aparece que este termo explicando que na xerga dos canteiros, son os compañeiros de profesión.

Presentamos ó Cantalingua “Pontragha”, unha canción que procede dunha das nosas recollidas nesa propia parroquia do Concello de Tordoia, xa que consideramos que a literatura de tradición oral ten un peso vital na cultura galega, e intentamos colaborar en que non se perda. Mantendo a base tradicional, arranxámola e aquí queda para todos vós.
Gravada por Fernando Barroso (Producións do Cuarto Baleiro) e masterizada por Tomás Ageitos (A Ponte).

www.samaruas.com