13 Xan Consumismo
Guezos é unha banda ourensá formada por sete músicos que, desde a súa aparición hai xa once anos, xamais deixou de soar.
A súa evolución foi lenta pero constante. Deron os seus primeiros pasos con melodías tradicionais e ritmos propios de calquera foliada galega. De feito comezou como unha banda de corte tradicional, mais a súa ansia por experimentar levounos cada vez máis lonxe deste punto de partida.
Facendo un repaso pola súa discografía pódese descubrir unha banda cada vez máis madura e atrevida, e iso queda patente cando se suben a un escenario.
A súa música levounos a tocar en cada recuncho da xeografía galega durante estes anos, onde compartiron escenario con grandes bandas como Mercedes Peón, Susana Seivane, Mercado Negro, Os Cempés, Obrint Pas, Betagarri, Ruxe-Ruxe, Galegoz, etc.
“O Histérico Latexo” é o nome do último disco, unha caixa chea de sorpresas, onde tamén deixaron o seu pequeno agasallo Xabier Díaz de Berrogüetto, a rapeira galega
Aid, e Sergio Zerraeta, Iván Varela e Ángel “Gafas” de Lamatumbá.
Folk, rock, bossa, swing, rumba, reggae, … Todo é posible cando chega o directo.