O Poeta Bocachea

O Poeta Bocachea

O tema “O Poeta Bocachea” co que nos presentamos a esta convocatoria é unha canción que
pertence a unha das nosas producións especialmente orientadas ao ámbito infantil que leva por
tìtulo: “A Cuadrilla da Fonte Navegante”, un repertorio de cancións orixinais onde distintos ritmos
de músicas populares (dende o rock ata a polca, pasando polo cha cha chá) e rimas que tratan de
personaxes imaxinarios saídos do conto teatral “O Serán da Fonte Navegante” e que pretenden
dar pé ao goce de cantar e bailar pero tamén a suxerir distintas actividades plásticas, literarias,
exploratorias,…

A banda que gravou “A Cuadrilla da Fonte Navegante” componse de cinco músicos e máis dunha
ducia de colaboracións, aínda que para este concurso presentámonos cun formato reducido da banda
de dous integrantes, máis outro en labouras técnicas.

Por se puider ser do seu interés a continuación mostrámoslles unha presentación interactiva do
proxecto ao que pertence o tema que presentamos a concurso orientado integramente ao público
infantil “A cuadrilla da fonte navegante”.

http://prezi.com/sfhoulysl5uz/present/?follow=q_yl…

Pode desprazarse pola animación facendo click nas frechas da parte inferior.

Se desexar ver a presentación dende dispositivos móviles (IOs ou windows phone) ou tabletas pode
facelo descargando a aplicación gratuita prezi.

Grazas pola atención.