28 Mar Os sons que nos unen
Os Bulebule son un grupo de rapaces e rapazas que cursan 1º de Bacharelato no IES
Xelmírez II, e que se atoparon durante as súas aulas de Música. Co tempo, empezaron a sentir que
conectaban de tal xeito, que só se podería comparar co aliñamento dos planetas no espazo, co paso
dunha cometa cada 1000 anos, ou o nacemento dunha nova estrela. Un destes fenómenos
extraordinarios que acontecen raramente.
Dos seus encontros, da enerxía que xurdiu, xermolou este proxecto musical. Os sons que
nos unen trata sobre a lingua, si, pero especialmente sobre quen son eles e o feitizo máxico que os
levou a xuntarse? estes auténticos “bulebule”, fervellos inquietos que se expresan a través da
Todo o proceso de creación e ensaio foi en si mesmo un agasallo, e a implicación de tódolos
compoñentes do grupo, o seu esforzo e dedicación, síntense en cada nota. Desfrutade e cantade sen
medo con Os sons que nos unen!
O grupo Bulebule está formado por: Carlos Lema Salvado (voz, guitarra e gaita), Irene
Merino Jiménez (voz e percusión), Carlos Álvarez Castro (voz, guitarra, gaita e percusión), Laura
Bouzas Vázquez (voz e percusión), Lucía Otero del Río (voz e percusión), Pedro Calvo Alboz
(piano, teclados e voz), Verónica Baleato Castro (voz e percusión) e Tamara Adrán Naveiro (voz e
percusión).
Na composición do tema musical Os sons que nos unen axudaron tamén: Nuria Vilares
Fernández e Antía Ferreiro Troiteiro.