Quen nos queima

Quen nos queima

Bolboreta, é a palabra favorita de Lydia Botana, músico multi-instrumentista natural de Culleredo (A Coruña) e tamén é o nome co que a coñecen no seu proxecto en solitario dende este ano 2013. Neste tema “Quen nos Queima” conta coa colaboración do García Mc de Dios ke te crew e ó baixo con Sebas Martínez de Che Sudaka. Na actualidade é a batería e acordeonista d@s Labreg@s do Tempo dos Sputniks, membro da Banda Fura-Fura con Xurxo Souto, Bocixa, Ico, Antón Papaqueixos, O Leo, … e colabora con bandas coma os Zënzar, Konflikto…