07 Mar Follas Novas
O folque é a música das melodias ancestrais, dos cantares vellos, o retrato sonoro do que fumos e o que somos, interpretado polo maxín dos músicos de agora. Sen dúbida, un acto de gran responsabilidade, facer túa unha herdanza transmitida de punteiro en punteiro ao longo dos séculos. Lusco Fusco recolle ese legado con orgullo, de cancións antigas, pero tamén doutras que non o son tanto, agredecendo aos grandes músicos do país que abriron o camiño nestas últimas décadas; e con esa intención pero sen pretensións nace a música deste grupo, que tras varios anos de peregrinaxe buscando a súa identidade semella que atopou a forma de presentarse ao mundo.
Esta peza conten o poema Follas Novas da celebre Rosalia de Castro onde intamos reflexar o celme da nosa música.