18 Feb A lingua do mar
Os John Deeres participan no Cantalingua con “A lingua do mar”, a súa homenaxe a Man de Camelle cando se cumpren 10 anos da súa morte. Din que este artista de orixe xermana morreu de pena pola desfeita do Prestige, deixando como legado o seu museo ao aire libre, pegado ao mar, case destruído a día de hoxe polos elementos e o desleixo dos poderes públicos. “A lingua do mar” forma parte do primeiro disco dos John Deeres, “8”