21 Mar Silencio
Corría o mes de febreiro do ano 2008, cando El Viejo Caracol se reuniu por primeira vez para ensaiar. A formación orixinal estaba composta por: Óscar Fojo, Miguel Pita, Erico Pose e Mon Ibáñez. Os tres primeiros xa formaban parte de La Patraña, anteproxecto de EVC onde xa aparecían algunhas das letras do grupo actual, aínda que cun corte máis punk-rock.
Tras uns meses de ensaios e un único concerto como cuarteto, entra a formar parte da banda como percusionista Agostiño Fraguío. A partir de aquí comeza a súa andaina musical con actuacións por toda Galiza.
En marzo do 2009, Óscar Fojo, cantante e compositor do grupo, preséntase e gaña o I Certame de Cantautores Xpressionk!! Como resultado do primeiro premio do concurso (dotación económica para a gravación dun disco) naceCon la casa a cuestas (gravado nos Estudios Mans, en Coruña); Óscar Fojo decide gravalo co grupo, de aí o nome deÓscar Fojo & El Viejo Caracol. A presentación do disco tivo lugar na FNAC de Coruña, o 25 de setembro de 2009, e desembocou noutros tantos concertos polo país.
Tras esta grata experiencia o grupo continúa a súa labor musical, compoñendo novos temas. Na primavera do 2010, Carlos Mor pasa a formar parte de El Viejo Caracol, como novo guitarrista. Pouco despois, o grupo é seleccionado por votación popular, para tocar en Ferrol, dentro do programa das Festas de Verán; é entón cando fai o seu debut o sétimo (e de momento último) compoñente do grupo, Fausto Escrigas, ao saxo.
As actuacións continuaron, á vez que se ían adaptando vellos temas e incorporando outros novos, que formarían parte do segundo disco do grupo, Autopía, gravado en marzo do 2011 nos estudios Abrigueiro, en Lugo.