04 Abr Meteorito
Fucoxabier ven sendo un aprendiz dos moitos e diferentes oficios que se agochan baixo calquera proxecto musical. Letrista, compositor, intérprete, cantante, instrumentista, arranxista e ata productor, todo en calidade de aspirante, de entusiasta aficionado que non quere senon seguir sendo o que é, un simple amante da música. Postos a colgarlle unha etiqueta, probablemente a de Cantautor sexa a que mellor o viste. Dende o ano 2009 participou en varios discos colectivos e vai madurando a súa proposta deixándose ver en directo de xeito ocasional.
Nesta canción exerce de profeta, de predicador da fin do mundo. A ansiada aparición do Meteorito que porá fin á nosa presenza no planeta, invocando unha sorte de hippismo universal, de felicidade e plenitude ante un destino inevitable.
http://www.myspace.com/fucoxabiermusic