14 Feb Deus xa nunca pasa por aquí
A pesares da súa xuventude, este cantautor ferrolán leva xa anos gravando discos e tocando en directo nos locais máis emblemáticos de Galicia e do resto de España.
Recibiu ao longo deste tempo diversos premios, tanto musicais coma poéticos, sendo o último deles o 1º premio no Xuventude Crea 2010 (música), que organiza a Xunta.
Actualmente está a presentar o seu último disco, “A noite dos cans”, o primeiro gravado integramente en galego. En directo está acompañado pola súa banda: Javier Santana (guitarras e coros), Iago Blanco (batería e percusión) e Juan Aparicio (baixo).
Non o perdas!!!
Web oficial: www.miguelalonso.tk