28 Feb Nos dias do medo
DasKapital refuga o estado de cousas. Opón ruído negro á dominación consentida e contra o pop consensual ofrece un discurso en chamas, ferido.
Programme, Bobby Seale, Einstürzende Neubauten, Heiner Müller, Stereolab, Atari Teenage Riot, Os Resentidos, Walter Benjamin, Nine Inch Nails, Lois Pereiro, presentes!
A situación é delicada. O son dos disturbios produce disturbios.
DasKapital naceu en maio de 2010 nun concerto de homenaxe a Radio Océano. Cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante, Marcos Paino encárgase dos sintetizadores, O Leo da voz, Tomas Ageitos das percusións e o son en directo, Doutor Chou e David Ageitos introducen as guitarras e Daniel Salgado o Adat e o kaoscilator.
DasKapital edita en xullo de 2011 o seu primeiro disco, Ruído Negro, e chama a decidir se queremos facer parte do problema ou queremos facer parte da solución.
Socialismo ou barbarie.