17 Mar Vou tolear
Terbutalina nace no incentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar e tirar para adiante. Elaboran unha recua de temas a medio camiño entre o rock de garaxe, o punk e outros sons; comezan a dar concertos baixo a máxima “mellor arriscarse e que rompa” e convértense na esperanza negra da música muradá. Monógamos, promiscuos e cun corazón que non lles colle no peito.
Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.