03 Feb Non te preocupes por min
Proxecto que nace do amor e do respecto ó reggae sen perder a forza orixinal do estilo pero buscando diferentes raíces (rock, latín, ska.)
Taru encarna a voz principal nesta nova andadura, nel temos o primeiro compositor de reggae en galego, con diferentes traballos desde o ano 2000, tendo numerosas colaboracións con artistas do panorama musical, neste tempo tivemos tempo para velo en varias facetas dentro o reggae: como Vocalista, compositor e guitarra en Reggaeto e Os Paxaros Coiro, así como harmonía vocais e guitarra en Bush Doctors, Pinacle ou en formatos Sound Systen nacionais e internacionais como Eu-g sound, Masko Selektar (Portugal), Breizt Massive sound (Francia), Astur Sound (gijon), Soundkilla (colectivo de dj de diferentes comunidades: Galicia, Madrid, Barcelona.. etc.) gravando dub plates (cancións adicadas) para Sound Systems, de toda a península como Indica Sound (Malaga) Monster Sound (BCN),Nigthy Sound (Porto). Tamén participou nos recompilar: homenaxe Diplomaticos de Monte-alto “120 capadores” e “Voces Novas”, así como múltiples colaboracións con bandas, djs, e selektars de toda a península, ademais de compartir escenario con estrelas do reggae como (Burning spear, Maccab, Beres hammong, Terracota, e un longo etc).
Taru presenta o seu novo repertorio que xunto cos xa coñecidos temas “la vida no me va tan mal”, “Para ti”, “Baila”, etc. demostra de novo a súa capacidade creativa e de composición, un estilo moi persoal onde o ritmo caribeño fusionase con melodías moi bailables que farán que non poidas deixar de moverte ó ritmo do reggae.
Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.