Galiza

Galiza

Sowel, con 8 anos, adéntrase no mundo do hiphop e con 12 anos empeza a escribir as súas cancións. A súa primeira canción recoñecida polos medios foi “Galiza sen fume”, unha das gañadoras do concurso “proxecto can”, da compañía discográfica “Pai música”.

Con 14 anos e esta canción, Sowel xa marcaría o que sería a súa temática no rap e o seu amor pola súa terra . As súas primeiras aparicións no panorama galego foron da man de Monty, co cal fixo varias colaboracións, e  distintos concertos pola nosa terra (Vigo, Pontevedra, Baiona,Cambados) e adentrándose tamén en Asturias, concretamente en Xixón, nun concerto no que foi xunto a Monty teloneiro do grupo Madrileño Bako e Dj Pache.

Este ano sacou o seu primeiro traballo titulado “Espera tu turno” e pronto sacará o seu próximo traballo unicamente en galego.

Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.