07 Abr Antes de pequeno
Som do Galpom continúa a percorrer os escenarios coas súas letras en galego cargadas de mensaxe e a súa peculiar música.
Ritmos contaxiosos, melodías frescas e moitas ganas de desfrutar e fazer desfrutar. A enerxía que transmiten é unha das claves para entender a este grupo botado para adiante e que fai dos seus directos a súa bandeira.
Con xa 5 anos de existencia e máis de 200 concertos, alén de premios, entrevistas e xiras que os levaron por moitos recantos da Galiza, de Catalunya, Euskal Herria, Espanha, Alemania ou Portugal, continúan a mostrar as súas ganas en todos e cada un dos lugares aos que van.
O tema que apresentan nesta ocasión é Antes de Pequeno, que fala sobre a alegría de calquer neno ou nena en calquer recuncho de calquer lugar da Galiza ou do mundo.
Non deixedes de votar a esta banda da Moninha.
Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.