03 Feb A lúa
O Verme Homicida pretende ser un grupo de rock con intencións psicodélicas e moi amplas influenzas, tentando fuxir de calquer tipo de corsé a hora de incorporar elementos a súa música(outra cousa é o que sae, pero a que queda bonito así escrito).
O grupo está formado por Jorge Rodríguez (tamén guitarra de Esquíos) coa colaboración a nivel lírico de Javier Escuredo.
Agora presenta o seu primeiro traballo cargado de rock e psicodelia dende a súa particular óptica, baixo o título de “O Rei Mukade!”, 5 temas propios e unha versión en galego e transformada do grupo psicodélico-progresivo MAN. Tamén inclue a musicación dun poema de Carvalho Calero (Mulher).
Toda a música foi composta, tocada, gravada e interpretada por Jorge Rodríguez, contando coa colaboración no apartado letrístico de Javier Escuredo, autor na súa meirande parte das letras de “Comezo de cero”, “Chora neno” e “A lúa”.
Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.