
15 Feb A raiña do vento
A pesares da súa xuventude, este cantautor ferrolán leva xa anos gravando discos e tocando en directo nos locais máis emblemáticos de Galicia.
Recibiu ao longo deste tempo diversos premios, tanto musicais coma poéticos, sendo o último deles o 1º premio no Xuventude Crea 2010 (música), que organiza a Xunta.
Actualmente está a presentar o seu novo disco, “A noite dos cans”, o primeiro gravado integramente en galego e editado a finais deste verán. En directo está acompañado pola súa banda habitual: Javier Santana (guitarras e coros), David Dapena (batería e percusión) e Juan Aparicio (baixo).
Non o perdas!!!
Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.