17 Feb Friki boy
Leite de Nai son Óscar (baixo e voz), Martín (guitarra) e Jose Antonio “Bush” (percusión), un grupo de rock de Ourense nado en outubro de 2005. Comenzaron noutro grupo anterior chamado Singuer Mornings, onde facían versións de clásicos do hard-rock, ata que deixou de interesarlles tocar repertorio de outros. Trala ruptura, apostaron por levar adiante ideas propias que cada un tiña, e facer as súas propias cancións no seu idioma. Gustalles música moi diversa, e polo tanto a súa música pode soar a distintos estilos ou influencias. Tentan darlle a forza do rock ós temas, pero tamén un toque distintivo, que as faga diferentes, mezclando influencias funk e musica alternativa.
Por outra banda, queren divertirnos tocando música que divirta a xente que se queira divertir escoitando musica. O que máis lles gusta é tocar en directo, e polo tanto andan á procura de concertos sempre que poden. Teñen compostas 3 maquetas: Leite non hai (2007), Agora sobra (2008) e Mirando ao ceo (2009). Cada unha de elas esta composta de 5 temas, todas elas foron autoeditadas, e tratan de movelas polo mundo adiante, vendéndoas nos concertos. Agora estan a compoñer temas novos coa intención de gravalos e promocionalos no verán de 2011.!
Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.