
03 Abr Coida deles
GendBeat (natural de Cerceda), é uns dos pioneiros do BeatBox (facer musica coa boca) na Galiza.
Influenciado por grupos galegos como Malandrómeda ou os xa extintos 5Talegos comeza a súa andadura neste mundillo con actuacións polo País, acompañando a grupos coma: Machina e mais Zenzar; e mailo afamado grupo de Hip Hop Dios ke te Crew.
Actualmente tamén acompaña a Selectah in Helicopta o sistema de son de Vigo polos diferentes locais e salas como vocalista co seu peculiar estilo de reggae/ragga e mais como “sampler humano”. As suas letras reivindicativas e cheas de retranca pouco a pouco son sabidas por moita mais xente que acoden os concertos e comparten co cantante o seu compromiso coa terra e a lingua.
GendBeat: o arte de non saber tocar instrumentos! .
Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.