Falso amigo

Falso amigo

Falso Joker é un grupo de metal carballés formado a principios de xullo do 2010.

Está formado na súa totalidade por alumnos da Escola da Rúa: Saray Gómez (vocalista), Patricia Insua (baixista), Sebastián Fariña (batería), Antón Añón (guitarra rítmica) e Héitor Pose (primeira guitarra).

As letras das cancións son en castelán e galego. Todos os temas son compostos polos membros do grupo, sen dar lugar ás versións, e con influencias de grupos tan variados como Doro, Sirenia, Interludio, Metallica, Meigha, Iron Maiden, Warcry, Manowar…

Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.