Narcisismo

Narcisismo

“O único elepé de Radio Océano –Nin falta que fai (1985)- non inclúe Narcisismo. Pero a canción, unha letra do poeta Lois Pereiro que parecía reler o célebre Heroin da Velvet Underground, foi un rumor de fondo, ao cabo unha icona do indie no seu sentido orixinal, a vella toupeira que esfuraca as certezas do relato musical hexemónico. DasKapital recupera o espírito apocalíptico da peza e lévaa a un mundo de edificios derrubados e horizontes de ruído negro”.