30 Xan Andurinha
CabRaret é un trío musical formado por unha contralto, un acordeonista e un contrabaixista.
Trátase dun espectáculo de cabaret onde o humor toma o relevo da música, nunha carreira na que a meta é divertir ao público e que os espectadores poidan disfrutar da fanfarria, mesturada cun pouco de jazz, unha pingas de soul, varios litros de chanson e un chisco de tradición para aromatizar o pentagrama.
Un paseo desde New Orleans a România, virando en Fisterra, baixando a Lisboa, seguindo ata Tánxer, subindo por Motril, enviando postais a Brasil e chegando a París despois de atravesar os Pirineos baixando en punto morto.
Unha viaxe doada para unha cabareteira e as súas dúas cabras (o seu home e o seu fillo) acostumados a repartir notas musicais desde o seu coche, un 4L.
CabRaret!
Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.