10 Abr A cabana do tio Tom
As Ataque Escampe gostan de definir o seu estilo como rock de serie B porque partindo dunha instrumentación sinxela mais variada (do banxo ao hammond, do kazoo á percusión electrónica, da trompa á harmónica), ofrecen unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza. O rock de serie B é un xeito de entender a música que abrangue un inxente abano de xéneros bastardos, desde o bolero ao punk, pasando polo vals, o tango, a canción popular galega, o country, o fox-trot ou, ultimamente, as músicas negras. O funcionamento como grupo sen destacar autorias no seu interior, o emprego do galego como única lingua e a reciclaxe de músicas malditas completan a filosofia vital dunha banda que practica o “do it yourself” máis brutal, poético e desvergonzado.
Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.