28 Mar Cambialo adobo
Alto Asalto é un grupo de rap que comeza no ano 2003, integrado orixinalmente por Mou (mc) e Darkrow (dj). No ano 2004 incorpórase Ria.jos (mc). Tras varios colaboracións de xente nas labores de Dj logo da marcha de Darkrow, coma Salem ou Viña, actualmente a mesa e os pratos de Alto Asalto están baixo a man de Dj Mestre Pi, veterano referente da escea galega.
Inda que o seu formato favorito é sen dúbida o rap jarcor, tampouco desexan encasillarse nun estilo concreto, inda que o que sempre se atopa nas súas letras é o compromiso social, a retranca coa que tratan problemas cotidianos que pode vivir calquera e a utilización desta música como arma de comunicación de ideas e non coma un simple xogo.
Alto Asalto presenta como referencia o seu Ep debut, Cultura Humana, saído en Marzo do 2010, que foi grabado en Ordes, no Rapapoulo Estudio, por Mou de Dios Ke Te Crew, gran implicado no seu proxecto coma grupo e productor case absoluto do traballo. Contaron coas colaboracións de Juanito Broders, Viña, Dj Murdock, Dj Mil e Arma-X.
Ao longo da súa traxectoria, Alto Asalto percorreu os escenarios da Galiza compartindo táboas con referentes do rap galego coma Dios Ke Te Crew ou NonResidentz, e con bandas rockeiras peninsulares de nivel coma Narco. Foron moitos, xente coma PédeBoi, A Banda de Poi, Grove Hustla, Dj Mil, Bush Doctors, Skarallaos, Gende & Selectah in Helicoptah…. demostrando a súa versatilidade, actuando tanto en festivais púramente de rap, como en festivais rockeiros ou festas gastronómicas.
Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.