A forza da palabra

Zënzar

A forza da palabra

Zënzar

Zënzar leva facendo rock en galego dende finais do ano 1988, ten no seu haber cinco discos, varias maquetas e multitude de colaboracións en discos recopilatorios.

O último traballo da banda chámase “A TRIBU” (2009), un disco sobre todo rockeiro ao estilo Zënzar, pero con ramalazos heavies, punkies e tradicionais, ou sexa un pouco de todo. Nél colaboraron xente coma: Xurxo Souto, Victor Neira (Ruxe-Ruxe), Pablo Dalama (Mama Cabra), GendeBeat, María X. Silva (Chamalle Xis), Manolo Suárez, David Bolaño, José M. Ares e Javier Pardeiro. Foi grabado nos Estudios Oceano da mán, como non, de Javier Abreu. E podédelo atopar distribuido por Lonxa Cultural.