Vive en Galiza

Vive en Galiza

Vive en Galiza

Vive en Galiza

As cancións do Grupo Relúa tentan amosar a nosa cultura, os nosos contos e lendas, e tamén, nalgúns casos, denunciar ou reclamar temas que nos importan.

Nesta ocasión o que fixemos foi unha deste último tipo. A canción que propoñemos chámase “Vive en Galiza”, e nela denunciamos o desprezo ás culturas, ás linguas e en concreto aos nomes dos lugares (a toponímia). Poñendo a nosa historia recente como exemplo de castelanización durante a ditadura que tentou borrar a cultura galega a todos os niveis, dándose casos como “Arteijo”, “Mugía”, “Sanjenjo”, etc… (menos mal que non cambiaron “Fonteculler”)

Convidámosvos a escoitala e a sacar as vosas conclusións, para que o que contamos non volva a suceder, defendendo a diversidade, o respecto polas culturas e polas persoas.

Raúl, Dani, César e Mani.