
09 Mar Todo desapareceu
Snatch nace no 2007 baixo formación de cuarteto cun repertorio, en principio, orientado a versións de rock principalmente. Paulatinamente incorporamos temas propios con influencias do rock, pop, jazz, blues, funk, reggae… ata completar un repertorio completamente orixinal tocando en numerosas ocasións por toda a xeografía galega.