09 Mar Terra de ninguén
Meiga do Norte é un grupo que no seu nome abandeira o poder dun ser extraordinario, máxico, con moita raigame na cultura popular das terras do norte. Este ser pode curar e incluso ver onde outros non dan. Segundo a tradición as xentes acoden a este ser para conseguir algo ou curarse, por medio dos seus conxuros. Nós cambiamos as vasoiras por melodías de voz; acordes de guitarra, teclado, baixo e o ritmo da batería. Convertemos os feitizos escritos nas nosas propias cancións.
Adéntrate no mundo de Meiga do Norte e descubre se a pócema deu o seu resultado. Haberá un sitio para nós na túa mente?
Terra de Ninguén: Galiza [Meiga do Norte]
Terra miña, xa non es tan
verde coma cando me acolliches,
xa non es tan pura
coma cando te coñecín.
Confesa, que fixeches para
merecer isto?
Confesa, terra confesa.
A cadaquén o seu merecido,
pois ben, cóntame a min na
intimidade, en que te equivocaches,
escoito cos ollos, cos oídos vexo.
E non me gusta o que percibo,
non é xustiza o que diviso, ti
que nos agasallas co noso existir,
e nós que non permitimos ao froito
da nosa esencia madurar.
Abramos ollos para escoitar
e oídos para ver, tacto para gustar
e lingua para ulir; nariz para tocar.
Tocar e percibir ese lugar que
nos acolle sen pedir nada a
cambio. Non pide, non, pero
nós erroneamente lle damos.
Terra de ninguén, Galiza, ti es
túa, grítao!!!
Abramos ollos para escoitar
e oídos para ver, tacto para gustar
e lingua para ulir; nariz para tocar.
Terra de ninguén, Galiza, ti es
túa, grítao!!!