31 Xan O Cativo
Pito de Pikasso nace durante o 2004 en Compostela, cun obxectivo claro, facer punk-rock con letras surrealistas mesturadas con moi pouca vergoña sen máis intención que o rock como forma de divertimento propio e alleo. A formación inicial foi: Guille (collón esquerdo/baixo), na batería (tronco): Milo, Miki Aceite Johnson (collón dereito / Guitarra Pajillera) e Luko (capullo/ Guitarra e Voz).
Nunha noite fría de decembro, por alá do 2004, sería cando os Pito de Pikasso se desvirgarían nos escenarios, sendo A Coruña a cidade afortunada. Seguiron concertos por toda a xeografía galega, durante o 2005 e 2006, pero non sería ata o 2007 cando comezaron con concertos relativamente importantes, compartindo escenario con grupos da talla de: Def Con Dos, Los Suaves ou acadando a final de diversos concursos a nivel galego. Tamén foi o ano no que editan a súa primeira maqueta, chamada “O Sentido está por vir” e que recolle 4 temas que se poden escoitar e descargar no MySpace da banda. No 2008 seguen coa boa racha de actuacións, compartindo escenario cos Ruxe-Ruxe, The Homens, Cornelius ou Siniestro Total e tocando en diversos festivais da zona compostelá. No mes de setembro de 2008, entra Schaal, en substitución de Luigi, que entrara coma baixista tamén, no 2008.