14 Feb Sáeme do lombo
Con este nome tan de seu, coñécese en Porto do Son ó cangrexo mordedor, ese bechiño cuadriculado, simpático e morocho que se esconde nas rochas máis batidas polas mareas do noso litoral. E así son Os Mordecans, uns mozos curados no vento e o argazo. E é que cando se leva o “SON” dentro… hai que saír das pedras para agarrar guitarras e bater nas congas con forza mariñeira e animal.
IAGO MUÍÑO: percusión
VÍCTOR SANTOS: guitarra e ukelele
MARIANO RASKIN: baixo
PABLO REY: batería e caixón
ANDRÉS VEIGA: voz e guitarra