Machinazón

Machina

Machinazón

Machina

Machina presenta novo disco… logo daquel “Acouga” que serviu de presentación para a banda cercedense, chegan cun primeiro traballo longo no que deixan claras as súas intencións, en 13 temas que descargan unha boa dose de metal, rock, punk, hardcore, … mais ben “Post-Bravu”.

Grabado de novo en oceano estudios de Nigrán, baixo a batuta de Javier Abreu que volve a firmar a co-produción do traballo xunto a propia banda, masterizado por Saul Patinho no Metro Mastering da Corunha, distribuido por Lonxa Cultural e totalmente autoxestionado por Machina

Temas con forza, mixtura, eclecticismo… letras directas, abstractas, sobre o amor, sobre a loita, sobre o paradoxo da existencia, sobre a persoa, sobre a non persoa, sobre o mundo, sobre a nada…

Coas colaboracións de Xabier Díaz, os mandos da percusión tradicional e coa sua magnífica voz para falarnos da obrigación da implicación. Gendebeat co beatbox para marcar o ritmo dunha crencia opresora. Mouron (Dios Ke Te Crew) rapeando para que continuemos loitando contra os que pretenden continuar cos seus mandatos do terror, e o propio Xabier Abreu con samplers e teclados.

Toda unha forma de entender a música dende un punto de vista situado na terra que os viu medrar, toda unha declaración de principios, “Post-Bravu”.