A Infancia

Kastoma

A Infancia

KastomaKastomä é un grupo de rock creadono ano 2000 por 5 amigos da comarca de Ordes. Eles son Juan R. Soneira, David Rios, Oscar Franqueira, Antonio Pazos e Sito Reboredo. Este ano cumpren 10 anos como grupo e quéreno celebrar con todos vós a ritmo de rock cantado en galego.

A pesar de que xa son “trintañeros” todavía conservan ese espíritu infantil que os leva a disfrutar da música alá donde son convidados para tocar. A mostra máis pura de que así se trata é o tema de “A Infancia” que presentan ó certame  Correlingua.
Esta canción está incluída no seu último disco “Almas da Noite”(2009).

A Infancia trata sobre a intención e o desexo da xente maior de retornar ó pasado para recuperar as emocións vividas de cando eramos nenos, eses contos da avoa, eses brincos polos prados e corredoiras, xogar sen preocupacións. En definitiva, ter a mente ocupada só en pensar en xogar, brincar e disfrutar cos amigos. Os kastomä consígueno cada vez que se suben ó escenario, por iso tocan, para divertirse.

Agardan que vos tamén vos divirtades escoitando este tema “A Infancia” ou vendo as imaxes do seu vídeo-clip.