Ti tu ti tu ti

Ti tu ti tu ti

O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas anda na procura de reclutas que teñan moito aguante. Só os mellores aspirantes poderán pasa-las probas e ingresar na lexión festeira. Festicultores, os rumaníacos da festa rachada,  os parrandeiros máis lexendarios da romaría dos últimos anos en Galicia, son os combatentes desta milicia tan especial. Reclutando o peor da cada casa, os festeiros máis guerreiros do país van tomar as rúas, vanse facer fortes cos seus ritmos balcánicos e van dar a batalla bailonga. Sen tregua. Troula ou morte, ata a mañá, sempre. Os Festicultores, van dar máis guerra que nunca, veñen coas armas de festa masiva. Prepárense, a guerra da pachanga xa comezou.