
11 Mar Ata na sopa
Emilio Román, presenta unha canción de orgullo galego en voz alta, que describe unha lenda que existe sobre Galicia e conta tamén unha realidade actual: Hai galegos en todolos rincóns do planeta, ata na Lúa, polo que se pode dicir que estamos ata na sopa !! e a pesar da fama que temos polo resto do país e a fama que nos poñen algunhas personalidades públicas, Emilio di estar orgulloso de ser galego, en tódolos sentidos da palabra.