15 Mar Agardando o mencer
Zeltia Acuña é unha artista galega natural de Loira (O Morrazo). É cantante, instrumentista e compositora no grupo de música “Zeltia Irevire” formado en Santiago de Compostela no ano 2019.
O seu estilo cantautor inspirado na historia da súa terra lévaa a compoñer letras de reivindicación da defensa do patrimonio cultural e natural, onde tamén reflexa un espíritu de loita incansable inspirado no pobo galego.
Xunto con Migui Carballido natural de O Carballiño (Ourense), percusionista e tamén compositor, perfila a dirección do proxecto de “Zeltia Irevire”. Migui Carballido e mailo seu irmán, Xesús Carballido, son os autores da canción “Agardando o mencer”.
Zeltia Irevire cunha traxectoria marcada en festivais e salas do territorio galego, continúa explorando os límites das Músicas do Mundo, ofrecendo ao público un concerto cheo de sentir e identidade.