16 Mar Xiana e a meiga Xela
Música Miúda é unha banda de música infantil e contacontos en galego creada por Irene Quinteiro e Miguel Aionso no ano 2019. A elss uniuse máis tarde Óscar Martínez (guitarra e voz)
Nas súas cancións fan especial fincapé na igualdade de xénero e no feminismo (de
feito, o seu primeiro libro-disco, editado por Galaxia a finais de 2022 chámase
“Cambia o conto” e busca, a través da reinvención de contos tradicionais, erradicar os estereotipos de xénero). En directo, buscan a interacción co público miúdo, a través dos seus concertos- contacontos.
Durante estes dous últimos anos percorreron Galiza cos seus espectáculos “Historias de Bemol Pequeno” e “Cambia o conto”.
Nas súas letras atoparás personaxes como Antía Carapuchiña ou o dinosauro Pepón e sempre, sempre, moita festa!
A formación en directo é en formato dúo, con Irene Quinteiro (voz, ukelele, banjolele, contacontos) e Óscar Martínez (guitarra e voz).