Xan

Xan

Somos Pito de Pikasso, unha banda de punk-rock que busca un obxectivo antes ca outra cousa, que a xente ánimese a cantarear e a bailar (aínda que sexa sentadas nunha cadeira) coma calquera festa ao aire libre un soleado domingo de verán, e pasalo ben á hora de tocar sen parar.
Formado orixinalmente dende o ano 2004 nas aforas da capital galega e influenciados por bandas coma The Clash, Kiss, The Who ou os Papaqueixos, somos catro membros que tras un grande percorrido de 4 álbumes oficiais, sinxelos, colaboracións con bandas da escea bravú-ska-punk coma Ruxe-Ruxe, Zënzar, O Sudor do Tractorista, e varios máis, aprendimos a conseguir un espectáculo moi desenfrenado e animado e con potencia sonora enriba do escenario, algo que non se ve nas cancións ao darlle ao play!
Un ano máis, volvemos a participar nesta edición de Cantalingua co propósito de promover o uso da nosa lingua a ritmo de punk-rock misturado con letras surrealistas sen vergoña ningunha e bailar sen parar! E poder tamén retomar a actividade de concertos e música en directo.
Sen máis, deixámosvos a primeira canción do noso último disco “Algodón de Azucre” chamada Xan. Definido coma unha ópera-rock-galega e grabado no Laboratorio Soyuz con Hevi aos mandos e producción (Fluzo, Malandrómeda), presentámosvos a historia de Xan ao largo de 10 temas nos que conflúen unha variedade de aventuras e estilos musicais.